Castriz 0 – S.d. Sofán 1

Arrancou un traballado triunfo a Sd no sintético de San Pedro de Castriz. Marcou pronto, defendeu con orden e intensidade, puido sentenciar nun par de ocasións no segundo tempo e acabou pedindo a hora ante o acoso local nos últimos minutos. Numerosa presencia de seguidores visitantes, que animaron en todo momento ós rapaces que hoxe vestian de verde. Lamentar a lesión de Ivan Rey, que se tivo que retirar os 20 minutos.

CASTRIZ – Pablo, Javi, Alex, Alberto, Agra, Pose, Cilindro, Bruno, Anxo, Marqués e Chinda. Tamen xogaron Pichin, Ruben e Anxo.

S.D. SOFAN – Bugy, Santi, MArcos Pensado, Eloy Boedo, Javi Souto, Jorge Calvete, Ivan Rey – Michel 21´-, Suso Docampo – Bertin 70´-, Ivan Rojo, Brais – Alberto 67´- e Raul.

GOL:

0-1 3´Claro penalti do gardameta Pablo a Suso Docampo, que Ivan Rojo transforma.

O encontro decidiuse pronto: un gran disparo de Ivan Rey é rexeitado polo gardameta local, e Suso coa cana presta recolle o rexeite e cando ia marcar é derribado. Penalti claro e gol de Ivan Rojo, un mais. Pero nada mais lonxe da realidade pensar que foi un partido facil. A Sd non xogou ben, non foi quen de combinar en ningún momento, e limitouse a defender con orden os ataques locais, que tiveron moita posesión de balón pero realmente non crearon demasiado perigo no primeiro tempo, si mais no segundo. A ocasión mais clara no tempo inicial para os locais foi un tremendo disparo lonxano de Alex que rexeitou a cruceta. Tivo a Sd un par de remates a balón parado, un de Javi e outro de Brais, que sairon fora por pouco. A lesión de Rey trastocou un pouco os plans de Mallon, e en ningun momento estivo comoda a Sd neste acto.

No segundo, mais do mesmo. Un Sofán ordenadisimo e disciplinado, e un Castriz que movia o balón con paciencia, a veces excesiva, tentando atopar o oco. David Agra tentouno saido da cova un par de veces e mostrou o seu potente disparo. A saida de Alberto dou mordente ó ataque visitante, e foi sua a mellor ocasión da Sd: elevou con calidade por encima do gardameta Pablo pero o seu balón bateu no pao cando xa se cantaba o gol. Ante a defensa numantina da Sd tentouno o Castriz cun futbol mais directo, e viu como se lle anulaba un gol por mans do rematador, e como estrelaba un balón no longueiro nos intres finais. Bugy tivo que responder a un remate a bocajarro de Marques, e co pitido final a Sd comprobou que era o seu dia de sorte: apenas tres chegadas a area contraria e levaban os puntos para casa.