Xa está aqui a nova web da S.D. SOFAN

E morreu o blog. Dende agosto de 2006, e xa choveu, funciona o noso blog en www.sdsofan.blogspot.com. Pero os tempos mudan, e a Sd, coa chegada da tempada 2013/2014, cambia o seu modo de comunicarse cos seus fieles seguidores e abre este portal de información, no que teremos comprimido todo o que a un bo afeccionado vermello lle pode interesar: como vai o primeiro equipo, contra quen xoga o alevín este fin de semana, quen é o vicepresidente da sociedade e ata en que ano foi a mellor clasificación histórica da Sd, poderase ver dende agora neste www.sdsofan.com. Pincha, navega e disfruta co teu clube¡