Previa: S.D. Fisterra – S.D. Sofán

 

Un lance do partido disputado en Corcubión fai 3 anos.
Un lance do partido disputado en Corcubión fai 3 anos.

Xa está aqui un ano mais a liga da Costa, e non é sin tempo. Tras un longo verán, e un complicado sorteo de calendario, repetido ata en duas ocasións, o bombo federativo deparou para a primeira xornada un Fisterra – Sofán, nin mais nin menos. O encontro comenzará o sábado 7 as 5 da tarde no histórico Ara Solis, dirixido polo colexiado coruñés Victor Recarey.

O Fisterra, recén descendido de 1ª autonómica, é un dos equipos referencia para a Liga da Costa 13/14. A un plantel de extraordinaria calidade, unironse xogadores de contrastada valía, como Julito, procedente do Corcubión, Tati do Dumbria e sobre todo Toni, o mediocentro ex do Soneira, que volta á sua casa a tentar reverdecer vellos laureles. Unido esto ós xa coñecidos Roco, Mané, Joselu e compañía, fai dos verdes un dos conxuntos a bater.

Na Sd, so unha baixa, a de Javier Souto, defensa fichado este ano do Cerqueda, que por motivos laborais se perde o encontro. Entre algodóns esta semana está Ivan Rojo, que tras unha gran pretempada perfilase como un dos elementos chave na dianteira sofanista. Todavía sin incorporarse ó equipo está Bertín, ainda que se espera do dianteiro que o faga próximamente.

Os últimos enfrontamentos entre a Sd e o Fisterra en terras do fin do mundo foron os seguintes:

– Tempada 2011/2012: Fisterra 1 – Sd Sofan 2. Anotou Gustavo para os fisterráns e Jacobo e Berti para a Sd.

– Tempada 2010/2011: Fisterra 2 – Sd Sofan 2. Partido xogado en Corcubión, no que marcarón Julito e Manoliño para o Fisterra, e Mario Casal e                                                                                     Juan Rabuñal para a Sd.