Previa: Outes vs S.D.Sofán

Cuarta xornada no torneo costeiro, e toca visitar O Conchido, en Outes, un dos campos onde mais gusta xogar polo fenomenal ambiente que crea a afección local. O ano pasado a Sd venceu alí por 1 tanto a 0 nun precioso partido que esperemos que se repita este domingo, a partir das 5 da tarde.

Chega o Outes como a revelación do que vai de liga, invicto e lider con 9 puntos, 15 tantos a favor e so 1 en contra, despois de vencer a Corcubión, Cabana e Fisterra, este último a semana pasada a domicilio, un marcador que da a entender o potencial do equipo dirixido por Manu Roque. A Sd ven de 2 victorias seguidas como local, con 7 puntos, no 4º posto ó acecho do que poidan facer os de arriba. É iste sen dubida o encontro da xornada, 1º contra 3º, e está a levantan unha gran expectación.

A Sd non conta con todo o plantel: seguen de baixa Bugy e Gustavo por lesión, e Javi por motivos laborais. Será dubida ata o ultimo momento Eloy Boedo, debido a un golpe recibido no encontro do pasado domingo ante o Carnota. Os da serra chegan pletoricos de moral: tras un par de anos sentando as bases parece que atoparon este o gran equipo que estaban buscando, cun bo traballo na base que fai que saian xogadores do xuvenil para o primeiro equipo, e cunha columna vertebral que xa ven de anos atras. Gran partido o que se pode ver o domingo.

 

PARTIDOS PARA O FIN DE SEMANA:

– LIGA DA COSTA: Outes f.c. vs S.D. Sofan, domingo as 5 da tarde no Conchido.

– LIGA INFANTIL: Coristanco vs S.D. Sofán, venres as 6.30 horas na Rocheira.