FISTERRA S.D. 1 – S.D. SOFAN 1

E comenzou a Liga da Costa. Despois dos longos dias de pretempada, prato forte para comenzar. A Sd visitou o sábado un dos campos con mais solera da Costa, o Ara Solís de Fisterra, e arrancou un empate que ben puido ser victoria, pois o gol dos locais veu cando xa pasaban 5 minutos do tempo regulamentado. Tarde de sol, e cun vento do Norte omnipresente que condicionou o xogo e baixou o nivel de calidade que se esperaba de ambos equipos. Cerca de 200 persoas nos graderios que animaron con deportividade ós seus equipos.

S.D. Fisterra : Joselu, Piti, Rubia, Roco, Robertín, Tati (Guardiola m.94), Toni (Naranjo m.78), Hugo de Dios, Aitor (Bruno m.64), Mané e Bebeto

S.D. Sofán: Bugy, Cantudo, Eloy Boedo, Pablo Martínez, Diego, Jorge Calvete, Brais (Míchel m.68), Martín (Santi m.76), Raúl (Marcos Pensado m.90), Iván Rey e Iván Rojo (Suso Docampo (m.76)

Árbitro: Víctor Recarey (A Coruña). Amonestou a Roco, Tati e Hugo de Dios do Fisterra, e a Diego, Jorge Calvete, Brais, Martín e Míchel por parte da Sd.

Goles:

0-1 m.34 Raul controla un balón no borde da area, pásallo a Iván Rojo que chegando en posición de extremo dereito, recorta e coa zurda dispara con violencia, tocando Joselu o balón pero sin poder impedir que bique as mallas locais

1-1 m.95 Corner sobre a area visitante, que remata un xogador do Fisterra ó longueiro, e o rexeite cabeceao Roco ó fondo da porteira.

 

Moito respeto neste inicio ligueiro entre dous dos equipos mais potentes da categoría. A Sd remou a favor de vento no primeiro tempo, circunstancia que non impediu a saida dominadora dos locais, que con Toni ó mando das operacións e Hugo moi rápido e vertical en banda dereita, crearon as primeiras ocasións diante do marco defendido con moito acerto por Bugy. Foi Tati, o ex dumbries, o que rematou fora unha deixada de Mane na mellor ocasión local. Respostou a Sd nun disparo de Martin dende fora da area que se foi alto por pouco. O partido era nestre intre un constante toma e daca. Bugy luciuse a disparo de Hugo. Tivo o Fisterra uns minutos de desconcerto que ben puido aproveitar o Sofán, de chegar a convertir Raul un clarisimo disparo dende escasos 6 metros da porteria, pero Joselu respostou cun paradon cos pes frustrando as aspiracións do dianteiro coruñés. Pouco despois chega o gol de Rojo, e ata o descanso a Sd domina ben a situación, con Pablo e Boedo imperiales no centro da defensa, como todo o partido, e todo o equipo facendo unha labor defensiva moi seria.

Tras o descanso esperabase un arreon local, pero non se produciu. A pesar de xogar vento a favor, a Sd cerrou filas, apelou ó pragmatismo e freou os impetus locais sin problemas. Solo Hugo probou a Bugy cun disparo lonxano que o meta carballés desviou en sutil palomita. Tivo Mané unha boa ocasión, pero o talentoso dianteiro disparou frouxo cando se atopaba diante do porteiro. O encontro endureceuse por momentos, como é de esperar en encontros entre dous equipos tan competitivos. A Sd apenas saia na contra, unicamente Raul, que traballou a destajo cos defensas locais, era quen de crear algunha situación de perigo. E cando o partido esmorecia, a garra fisterrana fixo forzar un corner, que Roco transformou no empate final, deixando un sabor de boca agridoce os xogadores da Sd, que xa se veian cunha victoria que pelexaran con gallardia.